mércores, 21 de setembro de 2011

CONCERTO DE MAMÁ CABRA

O venres 23 de setembro de 2011 ás 20h Casa da Cultura de Boiro

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore
e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

Ola ola lá! é o séu novo traballo discográfico. Unha proposta que xa inunda as librarías
da man da Editorial Galaxia. Neste espectáculo poderedes gozar das novas cancións
de Mamá Cabra que, nesta ocasión, faise acompañar por un coro de voces do máis divertido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario