martes, 6 de setembro de 2011

Roteiros para a xuventude

O 7 de setembro abre o prazo de inscrición en Roteiros, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de fomentar a ocupación positiva do tempo libre, permitindo un contacto coa natureza e simultaneamente combinar lecer, deporte e coñecemento do noso entorno natural e ambiental.

Ofértase un total de 500 prazas. Nesta edición a metade das prazas poderán ser reservadas por Oficinas de Información Xuvenil interesadas.

A oferta de actividades é variada: dende escalada en rocódromo, ruta en bbt, xeocaching, raid cultural, paintball, ata rapell, tiro con arco, kaiak,e navegación en cruceiro.

O programa comeza o vindeiro 16 de setembro no Albergue Xuvenil de Pontemaril e remata o 18 de decembro no Albergue Xuvenil de Gandarío.

Mais información do programa e actividades na web www.xuventude.net e reservas na OMIX Boiro(Centro Social)

Ningún comentario:

Publicar un comentario