xoves, 13 de outubro de 2011

Bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca as seguintes bolsas:
5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
1 bolsa de formación en publicacións.
2 bolsas de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bolsas terán unha duración de doce meses. A contía total das bolsas será de 12.000 € brutos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de outubro de 2011.
As solicitudes están dispoñibles en www.parlamentodegalicia.es e no Boletín do Parlamento do 26 de setembro de 2011.
Máis información no DOG do 6 de outubro de 2011
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 26 de setembro de 2011. www.parlamentodegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario