Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
Onde facelo en Boiro?
O carné xove pódese facer en Boiro:
Na Oficina de Información Xuvenil que está no CENTRO SOCIAL DE BOIRO (1º Andar)
Rúa Poeta Manuel María s/n
15930. Boiro
981842635
omix@boiro.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario