O xoves 15 de decembro o Centro Social de Boiro, contará cunha nova exposición colectiva, baixo o título “Ferodinamos e Presenzas Mariñas” dos artistas Nolo Súarez e Nando Pereiro.
A exposición poderase visitar dende o 15 de decembro ata o 15 de xaneiro na sala de exposicións do Centro Social nos eu horario habitual (luns a venres de 10-14h e de 16-21h e os sábados de 10 a 14h).
A inauguración celebrarase este xoves 15 de decembro as 20h, para a ocasión ademais da presenza dos artistas Nando Pereiro e Nolo Súarez, a escritora Helena Villar Janeiro fará unha presentación sobre a exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario