A duración das bolsas será do 1 de outubro de 2012 ao 30 de xuño de 2013, por trimestres naturais acumulables. Poderanse solicitar, polo tanto, bolsas para períodos de tres, seis ou nove meses, de acordo co tempo que se requira para a realización do proxecto.
Por parte da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) concederanse bolsas para as seguintes especialidades:
Artes visuais:
Escultura.
Pintura.
Videocreación.
Gravado.
Outros.
Arquitectura.
Fotografía.
Música e musicoloxía.
Artes escénicas.
Cine.
Literatura (Bolsa Valle Inclán).
Estética e museoloxía.
Teoría, análise, e crítica das Belas Artes.
En colaboración coa Fundación Rafael del Pino, concederanse bolsas na especialidade de Arquitectura en Restauración do Patrimonio Artístico e Cultural.
Requisitos:
Ser cidadán español ou iberoamericano titulado universitario superior ou artista e creador de demostrable traxectoria, sen límite de idade, en áreas afíns a cada unha das especialidades mencionadas anteriormente.
Os solicitantes iberoamericanos, deberán ter a nacionalidade do seu país de orixe e non posuír a residencia en España.
En caso dos solicitantes procedentes dun país membro da Unión Europea deben posuír perfecto dominio do español e residencia oficial e cotiá demostrable en España, no momento de solicitar a bolsa.
A Academia de España en Roma é unha institución da Administración Xeral do Estado que ten por obxecto primordial contribuír á formación artística e humanística de creadores, restauradores e investigadores, coa finalidade derivada de lograr unha maior presenza cultural española en Italia, un mellor entendemento das culturas de ambos os dous países e unha maior vinculación cultural entre Europa e Iberoamérica.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 22 de marzo de 2012
Máis información no BOE do 22 de febreiro de 2012, en www.aecid.gob.es e en www.raer.it
Ningún comentario:
Publicar un comentario