A) Documentación: Unha bolsa para documentalista na Área de Biblioteca, Documentación e Arquivo. Participación no proxecto «Actualización da base de datos de obras de arte do Museo Nacional do Prado e difusión da información a través da web».
B) Área de Conservación de Pintura do século XIX: Unha bolsa para investigador-documentalista. Participación no proxecto de documentación do Museo Nacional de Arte Moderna (MAM).
Requisitos:
A) Servizo de Documentación e Arquivo:
a. Licenciatura en Historia da Arte. Os expedientes académicos cuxa nota media sexa inferior a notable (7 sobre 10) serán desestimados.
b. Coñecementos sobre Historia da Arte, especialmente das coleccións e edificios do Museo Nacional do Prado.
c. Coñecementos de metodoloxía na investigación en Historia Arte (arquivos, biblioteca, hemerotecas, etc.).
d. Coñecementos sobre catalogación e documentación de obras de arte.
e. Coñecemento sobre sistemas informatizados de xestión documental en museos.
f Coñecementos de documentación, redacción e actualización de contidos xerais e artísticos en websites institucionais.
g. Dominio do inglés.
B) Área de Conservación de Pintura do século XIX:
a. Licenciatura en Historia da Arte. Os expedientes académicos cuxa nota media sexa inferior a notable (7 sobre 10) serán desestimados.
b. Coñecementos xerais sobre Museoloxía.
c. Coñecemento sobre o Museo Nacional do Prado e as súas coleccións, das coleccións do século XIX.
d. Coñecementos de técnicas pictóricas e artísticas no século XIX.
e. Coñecementos de metodoloxía da investigación da historia arte (arquivos, bibliotecas, hemerotecas, etc.).
f. Coñecementos de programas informáticos e bases de datos.
g. Coñecementos de inglés.
Dotación: 18.000 € anuais
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de febreiro de 2012
Máis información no BOE do 2 de febreiro de 2012 e en www.museodelprado.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario