venres, 17 de febreiro de 2012

Oportunidade de Voluntariado Internacional




Ademais do servizo de voluntariado europeo(SVE) tedes a opción de participar como voluntarios internacionais en microproxectos de cooperación ao desenvolvemento durante o verán da AIPC Pandora

En total se ofertan 23 proxectos en 12 destinos e en 3 continentes nas áreas de:
  • Educación especial;
  • Educación para o Desenvolvemento;
  • Ocio e tempo libre;
  • Empoderamento de mulleres,
  • Xestión Cultural e Desenvolvemento comunitario


Os microproxectos consisten en: Durante un total de 21 días un grupo de persoas voluntarias viaxará ao proyecto escollido para cubrir algunha necesidade que a organización local e a AIPC Pandora demandaran para poder seguir adiante, mellorar e fomentar o intercambio e a convivencia intercultural.
O programa complétase con diferentes actividades culturais, que servirán para acercarse mais a realidade do país e a sua cultura.

Queres informarte ou participar?

Tedes unha reu reunión informativa en Santiago na Galería Sargadelos, o día 28 de febreiro ás 19.00h


Ningún comentario:

Publicar un comentario