Persoas beneficiarias:
Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
Requisitos:
Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.
Prazo de presentación:
Ata o 26 de marzo de 2012
Información:
Departamento de servicios sociais do Concello de Boiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario