martes, 21 de febreiro de 2012

Préstamos universitarios para estudos de posgrao de Máster e de Doutorado

O Ministerio de Educación convoca préstamos universitarios para realizar estudos de posgrao de Máster e de Doutorado
Requisitos: estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, grao, ou título equivalente estranxeiro e ter superado a última materia ou requisito para a súa obtención con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2000.
Para estudos de máster oficial: ter formalizada a matrícula ou ter sido aceptado con carácter definitivo en estudos de máster universitario, en polo menos 30 ECTS no curso académico 2011-2012.
Para estudos de doutorado: ter formalizada a matrícula ou ter sido aceptado con carácter definitivo no doutorado nun curso completo.
Para estudos de máster e doutorado: nos casos de máster que constitúa a parte formativa dun doutorado e o prestamista vaia continuar o doutorado, deberá estar matriculado en polo menos 30 créditos de máster no curso académico 2011-2012 e acreditar que no seguinte curso será admitido na fase de investigación do doutorado.
As contías dos préstamos que poderán solicitarse serán:
a) Unha disposición inicial co límite de 6.000 €. No caso de másteres dunha duración superior a un ano académico e nos doutorados, poderá financiarse unha segunda disposición inicial para o comezo do segundo ano académico, cun límite doutros 6.000 €, sempre e cando se acredite a matrícula para o seguinte curso académico.
b) Unha renta mensual de ata 800 € por cada mes de duración do máster ou doutorado, cun límite máximo de 21 meses.
c) No caso dos estudos de máster ou doutorado que vaia realizarse no estranxeiro poderá solicitarse un suplemento de ata un máximo de 6.000 €.
A contía máxima que poderá solicitarse por préstamo será de 240 € por crédito matriculado.

O prazo para solicitar os préstamos será dende o 1 de abril ao 29 de xuño de 2012 ou ata o esgotamento da cantidade destinada a este programa.

Máis información no BOE do 3 de decembro de 2011 e no BOE do 14 de febreiro de 2012 (modificación) e en www.educacion.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario