martes, 7 de febreiro de 2012

Ruta fotográfica pola parroquia de Bealo




Este sábado 11 de febreiro a asociación de veciños Cruceiro do Monxo e a asociación fotográfica Olláparo, organizarán unha saída fotográfica pola parroquia de Bealo. A iniciativa pretende ser un encontro para afeccionados á fotografía e todos aqueles veciños que queiran sumarse á ruta. Non é imprescindible levar cámara de fotos

A ruta comezará as 11h. As persoas interesadas en participar nesta saída poderán anotarse previamente no teléfono do Centro Social de Boiro(981842635) ou presentarse o sábado as 11h no Centro Social de Bealo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario