Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos:
As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, e un/unha deles/as asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
Proxectos subvencionables:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas da mocidade na súa comunidade e contorno, así como de fomento de accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de tempo de lecer.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 4.000 euros.
A idade das persoas ás cales vai dirixido o proxecto deberá estar comprendida entre os 12 e os 35 anos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de abril de 2012
Máis información no DOG do 1 de marzo de 2012 e en https://sede.xunta.es (proceso BS306B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario