venres, 30 de marzo de 2012

Bolsas para estudantes universitarios en programas de mobilidade con países extracomunitarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 98 bolsas para o alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio, relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios

A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 € por alumno beneficiario co obxecto de axudar a financiar os gastos ocasionados pola mobilidade.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2012.
As solicitudes se poden tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento administrativo ED411B.

Máis información no DOG do 29 de marzo de 2012 e en www.edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario