O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 5 axudas para a formación de recén licenciados (curso 2010-2011 ou posterior) e estudantes dos últimos cursos universitarios de titulacións superiores de ciclo longo e de grao. A súa finalidade é a de formar os devanditos estudantes ou recén licenciados no desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.
Duración: do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2012.
Destinatarios: están destinadas a recén licenciados (curso 2010-2011 ou posterior) e estudantes universitarios de titulacións superiores ou de ciclo longo e de grao, preferentemente de Enxeñaría (industrial, Informática, Aeronáutica, Telecomunicacións) ou Licenciatura en Ciencias Físicas ou afín. Para os efectos desta convocatoria exclúense os estudos de Máster.
Dotación das bolsas:
A dotación das Bolsas de Verán é de 700 € brutos mensuais máis unha cantidade fixa de axuda para gastos de viaxe cuxas contías ascenden a:
60 € para residentes canarios, non residentes na illa de Tenerife.
200 € para residentes na Península.
300 € para nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega, Islandia, Liechtenstein ou Suíza.
500 € para residentes no resto do Mundo.
O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de enfermidade e accidente.
O prazo para presntar solicitudes estará aberto ata o 23 de abril de 2012.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2012 e no Instituto de Astrofísica de Canarias, www.iac.es.
Bolsas deBiblioteconomía
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 36 bolsas de formación en biblioteconomía mediante colaboración titorizada na organización e descrición de fondos e actividades de biblioteconomía en bibliotecas. As bolsas serán adxudicadas como medio de aprendizaxe das tarefas técnicas que se realizan nas bibliotecas de Galicia.
Requisitos:
Titulación universitaria de diplomatura en Biblioteconomía e Documentación, ou licenciatura en Biblioteconomía, Documentación, Historia, Filoloxía ou Humanidades.
Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
A bolsa terá unha duración total de 8 meses. O importe de cada bolsa será de 870 € brutos mensuais.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de abril de 2012, pódese tramitar en https://sede.xunta.es co cógigo de procedemento CT233A
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2012 e en www.rbgalicia.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario