martes, 6 de marzo de 2012

Programa "Mulleres Boiro"


O Programa "Mulleres Boiro" componse de dúas actividades ben diferenciadas, un Obradoiro para a creación dunha revista dixital, e as xornadas conmemorativas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

O obradoiro para a creación dunha revista dixital, está dirixido a todas as mulleres de Boiro con interese no mundo da comunicación e na escritura. As mulleres integrantes do grupo de traballo crearán os seus propios artigos, realizarán entrevistas, etc. Cada mes sairá publicado un número da revista "Mulleres Boiro". A duración do obradoiro é de 5 meses.

Dentro das xornadas conmemorativas do 8 de marzo, haberá 3 días de actos:
o xoves 8, o sábado 10 e o domingo 11 de marzo.

Os actos do día 8 celebraranse na Casa do Concello, e os días 10 e 11 na Casa da Cultura "Ramón Martínez López".
Para facilitar a asistencia dos interesados, os días 10 e 11, haberá servizo de ludoteca para os nenos de entre 3 e 12 anos.

Todas as persoas interesadas poden solicitar información no departamento de Servizos Sociais do concello 981 849 960 ou nas oficinas de Tecnos Social & Consulting 881 863 217.

Ningún comentario:

Publicar un comentario