Hoxe abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.
Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono 981 545937/ 981 545702/ 981 545822 e 981 541689, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo
A información detallada de cada un dos programas atópase no PDF informativo
Ningún comentario:
Publicar un comentario