luns, 23 de abril de 2012

AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Recordarvos que o prazo para a XUSTIFICACIÓN E COBRO DAS AXUDAS de transporte do Concello de Boiro rematará o 31 de maio de 2012.

A xustificación dos gastos, deberase realizar presentando a documentación xustificativa no Rexistro do Concello acompañada dunha instancia oficial.

Documentación xustificativa:

a. Facturas orixinais de pago das viaxes :
i. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos :
1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura.
2. Desglose do IVE ou imposto correspondente.
3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a.
4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe).
5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”.

b. Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito no apartado anterior.

c. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente estimará o cumprimento das obrigas.

d. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección.

e. O pagamento da axuda efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta.

Mais información: OMIX Boiro(Centro Social)

Ningún comentario:

Publicar un comentario