luns, 16 de abril de 2012

Campos de traballo

A partir do 25 de abril, podedes inscribirvos nos Campos de Traballo da Xunta de Galicia. Tedes toda a información en:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Inscrición e reserva de praza:

O prazo para a reserva das prazas comezará o día 25 de abril. As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado chamando aos teléfonos 981 544 838, 981 957 115 e 981 544 840. Tamén se poderán facer nos servizos de Xuventude e Voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, persoalmente ou por teléfono en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres. (Pincha aquí para ver os teléfonos).

  • As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 11 de maio (inclusive).
  • As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 16 de maio (inclusive).
  • As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.


Durante os cinco primeiros días do prazo de inscrición, o voluntario ou voluntaria só se poderá inscribir nun campo de traballo, ou só poderá figurar nunha lista de espera, no caso de que non obtivese praza no campo que lle interesa. En cada chamada telefónica poderá reservar dúas prazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario