martes, 3 de abril de 2012

Curso básico de información xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o curso básico de Información Xuvenil dirixido a mocidade galega.

Obxectivo: Analizar a información xuvenil no contexto da políticas de xuventude.

Contidos:

1. Análise dos procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil . Procesos de información, orientación e asesoramento no ámbito da mocidade. Historia da información xuvenil. . Sociedade da información e coñecemento. O proceso do coñecemento. Fundamentos e principios da información xuvenil.

2. Fontes de información e documentación sobre mocidade: observatorios de mocidade, estudios sociolóxicos, bibliotecas especializadas, censos, publicacións, entre outros. Recursos de intervención no traballo con mocidade: formación, información, equipamentos e actividades.

3. Organización dos Servizos de Información Xuvenil (SIX). . A información xuvenil nas políticas de Xuventude. Marco lexislativo e normativo da información xuvenil. Procedimento administrativo. Protección de datos. Tipoloxía de SIX. Redes de información xuvenil. A planificación da información xuvenil: plan, programa, proxecto. Sistemas de calidade nos SIX..

4. Xestión dos Servizos de Información Xuvenil (SIX). Recursos materiais nos SIX: elementos físicos. Organización de espazos informativos. Recursos económicos: o orzamento. Subvencións. Recursos humanos nos SIX: perspectiva profesional. Coordinación entre profesionais. Actividades formativas.

Duración: 40 horas.

Metodoloxía: O curso realizase na modalidade semipresencial, con un exame presencial que terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do día 20 de abril de 2012. As solicitudes realizaranse a través do formulario.

Formulario de Solicitude

Destinatarios: Mozos e mozas de 18 a 30 anos, estudantes e titulados en TASOC, estudantes universitarios do ámbito xurídico-social, humanístico e psicoloxía e master de Xuventude e sociedade.

Criterios de selección: Por orde de inscrición.

Datas das sesión presenciais:

Primeira sesión presencial: 3 de maio de 2012 as 11.00 h.

Exame final: xoves, 31 de maio 2012 as 11.00 h.

Máis información: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

Telf. 881 997 607/06/05/04

Ningún comentario:

Publicar un comentario