venres, 27 de abril de 2012

Probas de acceso a ensinazas artísticas superiores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.
A inscrición para realizar a proba farase na secretaría dos seguintes centros educativos antes do día 30 de maio de 2012:
Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
A proba de acceso realizarase o día 8 de xuño, ás 9.00 h, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela
Máis información en http://www.edu.xunta.es e no DOG do 26 de abril de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario