Proxecto internacional en Eslovenia
Se buscan 5 participantes de entre 18 e 26 anos de idade para un Intercambio Internacional en Eslovenia
Os interesados só teñen que pagar o 30 % dos gastos de ida e volta da súa viaxe. Manutención, aloxamento e actividades incluidas no programa financiadas 100 % polo proxecto
O obxetivo do proxecto é reflexionar e facer fincapé nas cuestiones sociais mediante o uso de multimedia centrado no desemprego xuvenil no marco da actual situación socio-económica na UE. Queremos explorar e amosar os problemas e potencialidades relacionadas con este tema. En concreto os diferentes grupos de moz@s preparán curtametraxes sobre o tema a desenvolver. Un experimentado equipo de entrenadores guiaraos polo proceso de choiva de ideas sobre os temas relacionados, a preparación dos escearios, os encontros con outras persoas relacionadas co tema e para facer a producción multimedia. O producto final do proxecto será de 6 películas que amosarán o punto de vista das xente nova, problemas e solucións aos actuais problemas socioeconómicos. A actividade se organizará nunha bonita cidade da costa eslovena - Koper. Participarán 20 moz@s, 5 de cada organización (Eslovenia, Croacia, España e Francia). O participantes pasarán oito días de intensa actividade, de 19 a 25 de Setembro de 2012, o principio para aprender os conceptos básicos acerca dos problemas sociais e acerca da grabación con cámara i edición, e mais adiante mediante o traballo conxunto organizado en cinco grupos mais pequenos para producir unhas curtometraxes de ficción, documentais ou os guións. Finalmene os participantes presentarán as curtametraxes a comunidade local nun evento final.
Os interesados deberán contactar con nos antes do 30 de maio ao correo omix_ribadavia@yahoo.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario