Que é?
É unha oportunidade para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento, o traballo dunha ONG española e de ONG locais, pero sobre todo é unha oportunidade de coñecer, traballar e intercambiar con comunidades de países do sur que están a traballar na construción do seu propio desenvolvemento.
Cales son os destinos?
En 2012 hai tres países de destino:
- Bolivia (O Alto e La Paz)
- Ecuador (Zona selva amazónica: Coca e ribeira do río Napo)
- Nicaragua (Managua)
En que datas?
As viaxes realizásense no mes de agosto. As datas son fixas, é dicir son datas pechadas. Os billetes de avión están xa reservados polo que non é posible cambiar as datas nin de ida nin de volta.
Bolivia: 9 ao 31 de agosto -2012
Ecuador: 3 al 24 de agosto -2012
Nicaragua: 3 ao 27 de agosto -2012Canto custa?
O presuposto é a suma do importe do billete de avión i/v dende Madrid, o custo dos seguros (asistencia en viaxe e cancelación), manutención e aloxamento durante a estanza, custos administrativos e de formación, transporte dende o aeroporto ao lugar do proxecto e os desprazamentos internos no país.
Non inclúe custos de excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.Bolivia: Billete aéreo con AEROSUR: 1.250 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 868€. Total: 2.160€
Ecuador: Billete aéreo con IBERIA: 1.351 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 787€. Total: 2.180€
Nicaragua: Billete aéreo con IBERIA: 1.233 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 835€. Total: 2.110€
Información
http://www.solidaridadgalicia.org/vacacions-solidarias-2012/
Ningún comentario:
Publicar un comentario