xoves, 31 de maio de 2012

Axuda "Cheque infantil" para nenas/os entre 0 e 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.

Poderán ser beneficiarias da axuda a través do programa Cheque infantil:
a) Solicitantes de prazas, nas modalidades de atención educativa e atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarias/os dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa Cheque infantil na solicitude da praza.
b) Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter a axuda para unha praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro privado existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.

Requisitos:a) Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2009.
b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2012.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS403A

Máis información no DOG do 30 de maio de 2012 e en http://escolasinfantis.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario