venres, 4 de maio de 2012

Bolsa no Instituto Nacional de Administración Pública

O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP)  convoca unha bolsa de formación para titulados superiores universitarios en Ciencias Políticas ou Administración Pública.
A contía individual da bolsa será de 1.300 € mensuais.
Poderán ser beneficiarios das bolsas todas aquelas persoas de nacionalidade española ou nacionais dalgún país membro da Unión Europea que finalizasen os seus estudos universitarios de Doutor, Licenciado ou Grao en Ciencias Políticas ou Administración Pública no curso académico 2006-2007 ou posterior.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de maio de 2012
Máis información no BOE do 3 de maio de 2012 e en www.inap.es e no teléfono 91 273 9162

Ningún comentario:

Publicar un comentario