luns, 7 de maio de 2012

Bolsas de formación para xóvenes

1.800 AXUDAS PARA OS CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN
Convocatoria
Obxecto: potenciar as capacidades dos alumnos que demostran unhas especiais habilidades no ámbito científico-tecnolóxico no momento de acceder ao nivel de Bacharelato e, polo tanto, de orientarse sobre o seu futuro profesional e, por outra,de estimulalos nun momento en que deben decantarse cara a un ou outro ámbito nos seus estudos.
Beneficiarios: alumnos que estén cursando o ano académico 2011-2012 ou cuarto curso da ESO ou primeiro curso de Bacharelado das áreas científicas e ou tecnolóxicas.
Celebración: os Campus desenvolveranse do 1 ao 28 de xullo de 2012 en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER) en catro quendas de 7 días de duración cada un nas seguintes universidades: Autónoma de Madrid, Cádiz, Carlos III, Complutense de Madrid, Granada, Las Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Sevilla, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo.
Gastos subvencionables: a axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento,asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, con un seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado,
así como dende este ata os seus domicilios será de conta dos alumnos, sen que proceda o aboamento de axuda alguna por este concepto.
Os alumnos que obteñan praza, deberán aboar a cantidade de 90 euros, en
concepto de matriculación.
Prazo: ata o 16 de maio de 2012.

9 BOLSAS DE PRÁCTICAS DE COMERCIO EXTERIOR
Convocatoria
Condicións, obxecto e finalidade: as prácticas de comercio exterior realizaranse na sede das asociacións españolas de exportadores.
Os bolseiros colaborarán nas actividades de comercio exterior a realizar polas
asociacións como: promoción comercial, elaboración de estudos de mercado, organización de estatísticas de comercio exterior e bases de datos, mellora do boletín informativo, así como a realización de estudos ou informes relacionados co comercio exterior.
Para cumprir coa finalidade desta convocatoria os bolseiros estarán obrigados a
remitir á Secretaría de Estado de Comercio memorias trimestrais durante o goce
da bolsa, que así o verifiquen.
Duración: dende o 1 de xuño, ou dende a data da resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012.
Contía: cada unha das bolsas recibirá a cantidade bruta anual de 12.739,30 € no ano 2012, asisgnándose en mensualidades vencidas.
Prazo: ata o 11 maio de 2012.

3 BOLSAS DE FORMACIÓN NO CONSELLO DE CONSUMIDORES E USUARIOS
Convocatoria
Obxecto: a formación teórica e práctica de posgrao en materia de consumo,no Consello de Consumidores e Usuarios, en réxime de concorrencia competitiva, para titulados superiores nas seguintes áreas de coñecemento:
a) Un Licenciado en Dereito.
b) Un Licenciado en Ciencias Económicas ou Empresariais.
c) Un Licenciado en Periodismo.
A finalidade das bolsas será a formación teórica e práctica de titulados superiores
como especialistas en materia de consumo, así como a dotación de apoio de recursos humanos para o desenvolvemento das tarefas do Consello de Consumidores e Usuarios.
Para iso, a formación desenvolverase mediante un programa de titorías que inclúe
formación teórica e práctica dos bolseiros en materia de normativa relativa á
protección dos consumidores e usuarios, así como á súa representación institucional a través das súas asociacións.
Os bolseiros contarán co asesoramento, orientación, dirección e supervisión de
un titor, o Secretario do Consello de Consumidores e Usuarios, que conforme ao
programa de titorías, incluirá a realización dun traballo monográfico.
O titor avaliará mensualmente o cumprimento do programa de formación deseñado, con carácter previo ao aboamento do importe mensual da bolsa.
Requisitos:
a)      Posuír a nacionalidade española ou a dun país membro da Unión Europea,
ser residente en España no momento de incorporarse á bolsa, e posuír plena
capacidade de obrar.
b)      Estar en posesión das titulacións académicas de Licenciado en Dereito,
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais ou Licenciado en Periodismo.

c)       Idade non superior a 30 anos.
d)      Coñecementos de inglés e outros idiomas de países membros da Unión
Europea.
e)      Manexo a nivel usuario de bases de datos, Windows, correo electrónico e Internet.
f)       A data de finalización dos estudos realizados non poderá ser anterior ó curso académico 2007-2008.
Duración: anual, dende a resolución ata o 31 de decembro de 2012, podendo prorrogarse no 2013 se existe crédito.
Contía: 884,16 € brutos mensuais.
Prazo: ata o 27 de maio

Ningún comentario:

Publicar un comentario