mércores, 23 de maio de 2012

Curso teórico de monitor sociocultural a distancia


Obxectivos.
Proporcionar aos participantes unha formación teórica  básica das funcións do monitor sociocultural.

Destinatarios:
Mozas e mozos de 18 a 30 anos interesados na temática.

Contidos.
Definición de animación sociocultural. . Técnicas experimentais para o estudo de campo. Técnicas de planificación e deseño de programas.  Técnicas de organización. Técnicas de avaliación. Dirección de equipos.  Técnicas de xestión.

Criterios de selección.
A prioridade virá determinada pola orde de inscrición.

Metodoloxía:
O curso realizase na modalidade a distancia, con un exame presencial que terá lugar no Espazo xove de Betanzos o luns 30 de xullo, as 12.00 h.

Duración: 125 horas.

Datas: O curso desenvolveráse do 8 de xuño  ao 30 de xullo de 2012.

Nº de prazas: 25. Resérvase un 7% para persoas con unha discapacidade igual ou superior o 33%.

Solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes rematará  as 14.00 h. o día  7 de xuño de 2012, e realizarase cumprimentando a ficha de inscrición que figura a continuación:
Folla de Solicitude
Para máis información: No Espazo Xove de Noia
Casa da Xuventude
Pedra Sartaña
15200 Noia
Telf. 981 823 802

Ningún comentario:

Publicar un comentario