Moitos son os ámbitos onde se está a producir un grave problema de deterioro medioambiental. Así pois, non é de estrañar que xurdan iniciativas que, sen pretender ser a solución ao problema, xa que nin é a súa función nin dispoñen dos medios necesarios; si sirvan para concienciar á poboación da fraxilidade do medio ambiente en que vivimos, sometido a constantes agresións humanas; e no que temos todo o dereito a levar a cabo accións dirixidas a protexer a natureza. Esta é a razón pola que o colectivo de sensibilización ambiental que nace no Concello de Boiro, Boiroverde, organiza unha actividade de limpeza de praias este venres día 1 de xuño.
Os interesados/as en participar poden acudir á Praia Xardín (enfrente do bar Riazor) as 16:00h.
Unha vez realizada a recollida de residuos da praias, clasificarase o lixo recollido e analizarase.
Na actividade participarán ademais dos integrantes do colectivo Boiroverde e alumnos dos centros de ensino de Boiro, profesionais adicados ao análise da fauna marina, que falarán do impacto que teñen os residuos nas especies e fondos mariños na actualidade.Para mais información podedes contactar a través do correo electrónico: boiroverde2012@gmail.com, no Facebook, no Tuenti ou no Twitter (@boiroverde)
ou acudir ao Centro Social de Boiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario