venres, 15 de xuño de 2012

Bolsas da Dirección Xeral de Comercio

A Dirección Xeral de Comercio convoca 6 bolsas de formación práctica. As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu contorno.

A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e a análise da pequena e mediana empresa comercial e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.

Requisitos: Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior.
Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
Cada bolsa estará dotada con 5.000 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.000 € por mes.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2012
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN225A

Máis información no DOG do 15 de xuño de 2012 e en http://economiaeindustria.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario