venres, 1 de xuño de 2012

Bolsas de formación: restauración, museoloxía, biblioteconomía, archivos..


Tipoloxía de bolsas:
  1. Conservación e Restauración de Bens Culturais. 20 bolsas.
  2. Museoloxía. 23 bolsas
  3. Biblioteconomía e Documentación. 52 bolsas.
  4. Archivística. 30 bolsas
  5. Xestión Cultural. 28 bolsas
  6. Artes Plásticas e Fotografía.4 bolsas.
Beneficiarios: só se poderán presentar a unha clase de bolsa.


Condicións: Todas as bolsas se realizarán en dependencias e organismos públicos do Departamento.
Os beneficiarios, que levasen a cabo un programa de actividades teórico-prácticas contarán coa orientación, formación e seguimento dun titor pertencente á institución correspondente. Entregarase un diploma aos bolseiros que cumprisen o período de formación dende a súa incorporación ata a data de finalización deste.
A concesión e goce destas bolsas non supón establecemento de relación contractual ou estatutaria ningunha, nin supoñerá vinculación laboral ou funcionarial entre o bolseiro e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

A duración da bolsa comprende do 1 de outubro de 2012 ó 30 de xuño de 2013.

A contía a recibir é de 871,00 euros brutos mensuais en case todas, pero fixádevos ben nas características de cada unha.

Convocatoria

Ningún comentario:

Publicar un comentario