martes, 26 de xuño de 2012

ESTRATEXIAS PARA AFRONTAR A CRISE ECONÓMICA”

O vindeiro día 27 de xuño ás 21h na Tenda Escola Deán (sede da asociación do pequeno comercio da Pobra do Caramiñal), celebrarase unha xornada formativa gratuita, dunha hora e media de duración, sobre “ESTRATEXIAS PARA AFRONTAR A CRISE ECONÓMICA”, particularizando no sector do comercio retallista. 
 
Do mesmo xeito, durante as mañás (de 10 a 14h) dos días 10, 11, 12, 17, 18, 19 do mes de xullo celebrarase un curso de 24 h de duración e que versará sobre o ”EMPRENDEMENTO”. É un curso libre e gratuíto dirixido especialmente á mocidade que desexe profundizar nas oportunidades que ofrece o emprendemento como saída laboral. O curso está financiado polo Deán e a Exma. Deputación da Coruña.
Ao remate do curso expedirase un título acreditativo.
Para formalizar a inscrición en calquera das dúas actividades é preciso pórse en contacto coa Asociación no enderezo ccadean@gmail.com ou no teléfono 981 83 29 10.

Ningún comentario:

Publicar un comentario