martes, 19 de xuño de 2012

Programa interRail para xóvenes dende Paris ata Amsterdam ou Berlín



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e RENFE poñen en marcha un programa piloto de dinamización do InterRail coa finalidade de fomentar a mobilidade entre a  mocidade galega. Deste xeito ofértase a posibilidade de viaxar en grupo acompañados dun voluntario de mobilidade en dous itinerarios distintos:
  1. Itinerario 1: París – Bruselas – Amsterdam (saída o 17 de xullo de 2012)
  2. Itinerario 2: París – Amsterdam – Berlín (saída o 4 de setembro de 2012)

O programa está destinado a mozos e mozas entre 18  e 30 anos de idade. O grupo sairá de Santiago e estará formado por un mínimo de 10 persoas e máximo 15. Irá acompañado dun voluntario de mobilidade quen non asumirá ningunha responsabilidade respecto ao grupo, será un apoio durante as días de viaxe, sobre todo, un apoio lingüístico.

Mais información:
http://xuventude.xunta.es/201206198072/programa-de-dinamizacion-de-interrail-conece-europa-interrail-2012.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario