mércores, 20 de xuño de 2012

Unha idea moi interesante para futuros emprendedores

Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, celebrarase en Santiago de Compostela un encontro internacional os días 5 e 6 de xullo.

O obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante  a realización de accións de asesoramento, formación e información  dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social.
Neste encontro, presentaranse experiencias de boas prácticas nos aspecto económicos e sociais, co obxecto de coñecer de primeira man distintas realidades e enfoques que destacan pola posta en práctica de valores cooperativos e que permitirán enriquecer a formación e as análises de cooperativistas, axentes cooperativos, técnicos e estudosos en xeral.

As persoas interesadas en participar, deberán inscribirse en http://www.cooperativasdegalicia.com, no correo electrónico: info@cooperativas2012.coop, ou do teléfono: 981 569 040

Ningún comentario:

Publicar un comentario