xoves, 26 de xullo de 2012

Ofertas de traballo

Persoal para o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense

O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense precisa contratar o seguinte persoal:
- Unha praza de Xefe/a do Departamento de Produción.
- Unha praza de Auxiliar de Produción.
Máis información en: www.ouff.org.
As bases de contratación e o baremo de méritos están publicadas (https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=16
6&fecha=20120720#page=17) no BOP de Ourense do 20 de xullo de 2012.

Bolsa de traballo na especialidade de DUE para o Concello de Vilagarcía de
Arousa


O Concello de Vilagarcía de Arousa fai unha convocatoria para elaborar unha bolsa de traballo na especialidade de DUE.
Os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado universitario en Enfermería (DUE).
O sistema de selección é o de concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 2 de agosto de 2012.
Máis información no BOP de Pontevedra do 18 de xullo de 2012 e na OMIX de Vilagarcía de Arousa, teléfono 986 099 200.

Ningún comentario:

Publicar un comentario