luns, 23 de xullo de 2012

Premio para teses doutorais

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca o Premio INAP 2012 para teses doutorais, cuxo contido, dende a rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, aborde as tendencias de reforma na Administración pública en calquera dos ámbitos propios da devandita rama de coñecemento.
Requisitos:Poderán concorrer á convocatoria deste premio as persoas de nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea que defendesen a tese doutoral entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 30 de xuño de 2012 e recibisen a mención de cum campa, en calquera universidade española.
A contía do primeiro premio será de 3.000 € e poderanse outorgar dous accésits de 1.500 € cada un.
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 10 de setembro de 2012.

Máis información no BOE do 20 de xullo de 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario