A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Santiago de Compostela abren o prazo para participar no programa de dinamización artística “Imagina Atlántica: Teatros de pedra”, ofrecendo unha vía para que a xuventude exprese as súas inquedanzas artísticas, individuais e colectivas. Trátase dun programa enmarcado dentro do proxecto “Imagina Atlántica: espazo atlántico, territorios creativos innovadores” aprobado ao abeiro do proxecto “Espazo Atlántico” e no que participan rexións de España, Francia, Reino Unido e Portugal.
Dentro das actividades programadas está a creación dun percorrido turístico alternativo na cidade de Santiago de Compostela a través das artes dende o 28 de xullo ata o 13 de agosto.
A finalidade desta convocatoria é promover e estimular a creación de artistas xoves dentro dos parámetros da arte actual. Durante unha estadía continuada de quince días 24 mozos e mozas realizarán as súas intervencións en sete prazas públicas da cidade de Santiago de Compostela. Intervencións artísticas para a dinamización das prazas compostelás.
Os/as participantes, xóvenes creadores, pasarán un proceso de preparación e creación da súa intervención.
Prazo de inscrición: do 2 ao 15 de xullo
Prazas: 24
Destinatarios: mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia entre 18 e 30 anos de idade.
Disciplinas artísticas:
- Arte escénica (teatro, danza e expresión, performance musical)
- Artes (pintura, escultura, grafitti)
- Videoarte
- Literatura (poesía e relato breve)
Datas de realización da estadía e intervención: do 28 de xullo ao 13 de agosto de 2012 (estadía continuada de 15 días)
Aloxamento: albergue e/ou hotel
Cobertura da actividade:
- Pernocta e aloxamento en réxime de pensión completa.
- Manutención
- Desprazamento nas distintas actividades
- Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros.
- Custo da produción
Ningún comentario:
Publicar un comentario