mércores, 11 de xullo de 2012

Voluntariado ambiental:conservación das dunas

Baixo o lema “conservando as nosas dunas”, ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental,
que se celebrará: O  xoves 19 de xullo, na praia de AreasLongas (Porto do Son).

Son xornadas de eliminación de flora exótica invasora. Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida.
As voluntarias e os voluntarios que queiran participar poden apuntarse e pedir información no seguinte
enderezo:
Ramsés Pérez (ramses@adega.info)
Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616-23-80-50

- Máis información:
http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/794-voluntariado-ambiental-conservando-as-nosas-dunas

Ningún comentario:

Publicar un comentario