BOLSAS PARA ESTUDIOS UNIVERSITARIOS
O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca as bolsas para estudantes que no curso académico 2012-2013, cursen en centros españois ensinanzas universitarias con validez en todo o territorio nacional.
Convócanse bolsas sen número determinado de persoas beneficiarias para as seguintes ensinanzas:
a)
Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación
Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b)
Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de
Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e
Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d)
Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster,
de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria
as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro
ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das
universidades.
Mais información: http://xuventude.xunta.es/201208148450/convocanse-bolsas-de-caracter-xeral-e-de-mobilidade-curso-2012-2013-para-estudantes-universitarios.html
BOLSAS PARA ESTUDIOS NON UNIVERSITARIOS
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas de carácter xeral para o alumnado que, no curso académico 2012-2013 curse algún dos estudos seguintes con validez en todo o territorio nacional:
1) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
2) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
3) Ensinanzas artísticas profesionais.
4) Ensinanzas deportivas.
5)
Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das
administracións educativas, incluídos a modalidade de distancia.
6) Ensinanzas artísticas superiores.
7) Estudos relixiosos superiores.
8) Estudos militares superiores.
2.
Convócanse bolsas de mobilidade para o alumnado que, no curso académico
2012-2013 curse algún dos estudos a que se refiren os números 6) e 7)
anteriores en modalidade presencial e curso completo en centros situados
en comunidade autónoma distinta á do seu domicilio familiar.
Mais información:
http://xuventude.xunta.es/201208148449/convocatoria-bolsas-estudo-de-caracter-xeral-e-mobilidade-estudantes-non-universitarios.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario