mércores, 12 de setembro de 2012

BOLSAS PARA XÓVENES ARTISTAS

A Escola Contemporánea de Humanidades e Fundación Telefónica convocan a bolsa completa Xoves
Mestres para formar 20 mozos con talento de entre 16 e 18 anos.

Os seleccionados gozarán dunha bolsa completa dun ano de formación en creación literaria, pensamento
e artes. A bolsa Xoves Mestres está dirixida polo escritor e director académico da ECH, Alejandro
Gándara. O relato breve, as técnicas da imaxinación, o taller dos sentidos, a arte e a música son
algunhas das materias que se impartirán nesta bolsa.

As clases impartiranse os sábados de 10 a 14 horas no Espazo Fundación Telefónica e son gratuítas.

• Materias que se impartirán:
- Prácticas de Escritura Narrativa
- Ler, mirar, sentir (novas formas de contar no século XXI)
- As palabras antigas dos magos: hebreos e gregos
- Técnicas da Imaxinación
- Taller dos Sentidos
- Relato Breve
- Arte
- Música

O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 5 de outubro de 2012.

Máis información na Escola Contemporánea de Humanidades: www.ech.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario