xoves, 13 de setembro de 2012

Concurso de fotografía

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convoca un concurso  de fotografía ‘Imaxes con Fondo’.
O concurso é unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

‘Imaxes con Fondo’ divídese en dúas categorías con cadansúa temática que optarán a un premio.

- Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.
- Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

Información:
http://fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo

Ningún comentario:

Publicar un comentario