mércores, 26 de setembro de 2012

PRAZAS LIBRES NOS CICLOS FORMATIVOS

Ciclos formativos de formación profesional con prazas vacantes tanto polo réxime ordinario como polo réxime de adultos. No réxime de adultos as opcións poden ser a distanza e presencial.
A Consellería de Educación publica os ciclos liberados nos que te podes matricular.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
A matricula en calquera ciclo con prazas vacantes implica á renuncia a continuar no proceso de admisión e ás seguintes adxudicacións de prazas.

Máis información en www.edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario