O Senado convoca 15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria (http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/25/pdfs/ BOE-A-2012-11995.pdf)
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2013) e consistirán en doce pagamentos de 800 € brutos.
• Requisitos:
- Título oficial universitario en Biblioteconomía e Documentación.
- Licenciados universitarios españois e doutros países membros da Unión Europea que reúnan as tres condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1984.
b) acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentalistas durante polo menos 200 horas lectivas, e
c) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de outubro de 2012.
Máis información no BOE do 25 de setembro de 2012 e en: www.senado.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario