martes, 16 de outubro de 2012

Ofertas de traballo en Alemania

A rexión de Turingia do sur é unha zona industrial con carácter turístico. Un bo número de empresas desta rexión alemá buscan traballadores cualificados en España.
Son requisitos imprescindibles ser maior de idade e ter un nivel básico de alemán (A1-2) no momento da incorporación ao posto de traballo.
Ademais, no momento no que se asine un contrato de polo menos seis meses cunha das empresas que participan no proxecto, reembolsarase o importe do curso de alemán que realizases (debidamente xustificado) ata un máximo de 500 €.
Na web da Cámara de Comercio e Industria de Turingia  encontrarás toda a información relativa ás devanditas ofertas tanto en español como en alemán.

Máis información na páxina web do Injuve e  no blog de emprego arousanorte: http://arousanortemprego.wordpress.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario