mércores, 7 de novembro de 2012

Bolsas para aprender alemán

O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD), organización promotora do intercambio internacional de estudantes e científicos, convoca estas bolsas.
Teñen como obxectivo promover a asistencia a cursos intensivos de alemán ofrecidos por un instituto especializado na República Federal de Alemania.
Trátase dunha bolsa parcial de 1.300 euros e unha cantidade fixa de 1.000 euros para os dereitos do curso
. Por regra xeral, o aloxamento pódese contratar a través do organizador do curso.
Cunha duración de dous meses, poden ser gozadas no período comprendido entre xuño e decembro. As bolsas son improrrogables.

Poden solicitar estas bolsas estudantes de todas as facultades (con excepción de filoloxía alemá, alemán como lingua estranxeira e tradución e interpretación con alemán), que ao comezo da bolsa cursasen polo menos dous anos de estudos superiores, así como titulados que estean a traballar no ámbito universitario e doutorandos.
O prazo máximo de presentación de solicitudes no Centro de Información do DAAD en Madrid é o día 01.12.2012.

Información
Tel./Fax: (+34) 91 702 49 20
Email:info@daad.es
Web: www.daad.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario