Boiroverde e o
departamento de medio ambiente de Boiro promoven unha nova campaña de
sensibilización ambiental
A
situación económica actual e o aumento
da sensibilización polo coidado do medio ambiente provocaron no ultimo ano o
xurdimento de iniciativas novidosas sobre cambios nos hábitos de consumo e uso
dos recursos, feito que tamen afecta a forma de viaxar, nesta ocasión o
colectivo de rapaces que forman o proxecto de sensibilización ambiental
Boiroverde, propoñen unha iniciativa local para compartir medios de transporte
nos desprazamentos. Esta iniciativa está apoiada polo departamento de medio
ambiente do Concello de Boiro.
Con
esta iniciativa pretenden ademais de crear unha rede de conexión entre persoas
que deban desprazarse e dispoñan de horarios similares (estudiantes,
traballadores..), concenciar a cidadanía
dos beneficios de compartir coche no Medio
ambiente, ca reducción da emisión de gases nocivos
para o entorno e a reducción da contaminación acústica, na Economía a través
de compartir
gastos no consumo de combustible e por ultimo no Tráfico e aparcamento ca reducción das
conxestións do tráfico e evitando o problema de aparcamento.
Como
funcionará esta iniciativa?
Para
formar parte de este proxecto debes inscribirte na OMIX do Concello de Boiro,
onde deberás cubrir unha ficha de inscrición indicando as tuas necesidades de
destino(Boiro-Ribeira-A Coruña-Santiago) e horario, ademais poderás escoller
entre inscribirte como pasaxeiro ou conductor do vehículo, posteriormente te
pondrán en contacto cas persoas que compartan as túas necesidades á hora de
desprazarte.
Para
mais información sobre esta campaña
podes acudir ao Centro Social de Boiro(1º andar) ou contactar mediante
teléfono(981842635) ou correo electrónico(omix@boiro.org)
Ningún comentario:
Publicar un comentario