xoves, 29 de novembro de 2012

Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

O Concello de Arteixo convoca o 22º certame de narracións breves “Manuel Murguía”

1. Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30, escritos con letra arial, corpo 12 e en tamaño DIN A4.
3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor.
4. As obras deben enviarse facendo constar no sobre “22º certame Manuel Murguía de narracións breves”
O prazo estará aberto ata o 1 de marzo de 2013 ao seguinte enderezo.
Concello de Arteixo
Praza Alcalde R. Dopico, n.º 1
15142 Arteixo
A Coruña
5. Establécese un único premio dotado con 3.703,70 €
Maís información na OMIX de Arteixo, teléfono 981 602 413 e en www.arteixo.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario