martes, 6 de novembro de 2012

Certame Innovaciencia

Innovaciencia é un certame de ideas e proxectos innovadores dirixido a mozos de 16 a 26 anos organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

As ideas e proxectos presentados deben ser orixinais e poden referirse a calquera área científico-técnica dende a perspectiva que se considere máis conveniente (proxecto científico-innovador, idea de negocio, deseño de novos procesos e produtos, etc.).
A participación poderá ser individual ou en grupo e deberá realizarse nunha das seguintes modalidades:
Estudantes de Bacharelato ou Grao Medio de Formación Profesional.
Estudantes de Grao universitario, Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura ou Grao Superior de Formación Profesional.


Cada modalidade está dotada cos seguintes premios:
Primeiro premio: iPad +750 €
Segundo premio: 500€
Terceiro premio: 250€


O prazo para a presentación dos traballos conclúe o 22 de marzo de 2013.

Máis información en www.innovaciencia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario