martes, 13 de novembro de 2012

Espacio para creativos na Cidade da Cultura

A Fundación Cidade da Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais poñen en marcha un proxecto de emprendemento cultural denominado Emprende Cultura Gaiás na Cidade da Cultura:
Os solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes ámbitos dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, escritores-guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programación de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e aqueloutros con vinculación no emprendemento cultural.

Os interesados deberán presentar unha solicitude dirixida á Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade co modelo que se publicará en www.agadic.info e en www.cidadedacultura.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario