mércores, 30 de xaneiro de 2013

Bolsas para un máster de Pel para artesáns galegos

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño convoca tres bolsas de formación para impulsar a especialización de artesáns galegos.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño apoiará os seleccionados co 40% da matrícula dun Máster de Deseño en Pel organizado pola Fundación Loewe.
Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 5 de febreiro.
As axudas, dirixidas a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, supoñen o 40%  da matrícula do máster e ascenden a 2.500 € cada unha.
O Máster de Deseño en Pel, baixo a dirección de Enrique Loewe, desenvolverase na cidade andaluza de Ubrique do 4 de marzo ao 21 de maio.
Máis información en https://artesaniadegalicia.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario