venres, 18 de xaneiro de 2013

Prácticas en Vigo Zoo

O Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo convoca 4 bolsas para a realización de prácticas no Departamento de Educación Ambiental que o OO.AA. Vigo-Zoo porá en funcionamento para o ano 2013: 4 bolsas de 6 meses de duración de 20 horas semanales de reforzo ao persoal do Departamento de Educación e que cubrirían tamén os fins de semana e festivos en quendas. A dotación total da bolsa é de 2.700 €. As bolsas comezarán entre o 15 e o 30 de marzo de 2013. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xaneiro de 2013. Máis información no BOP de Pontevedra do 16 de xaneiro de 2013 e en www.vigozoo.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario