mércores, 27 de febreiro de 2013

Listas de formadores para a Secretaría Xeral da Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración convoca un procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios en entidades galegas asentadas fóra de Galicia.
Os/as candidatos/as interesados/as poderán inscribirse, segundo a súa especialización e os seus coñecementos, nunha ou varias actividades:
a) Artesanía e folclore tradicional galego: baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, outros instrumentos novos do folclore galego (frauta, requintas ...), confección de traxes tradicionais, encaixe ...
b) Cociña galega.
As áreas e países onde se realizarán os cursos, en función das convocatorias da Secretaría Xeral da Emigración, serán os seguintes:
– España.
– Europa: Alemaña, Bélxica, Francia, Países Baixos, Portugal, Principado de Andorra, Reino Unido e Suíza.
– América: Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Estados Unidos, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2013.
Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2013 e en http://emigracion.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario